Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de teatro nas parroquias

RR_Noticias

Os amantes do teatro e das artes escénicas teñen a posibilidade de achegarse a esta paixón a través dos cursos de teatro que a Concellería de Participación Cidadá organiza nos centros parroquias de Ventosela, San Estevo de Negros, Vilar de Infesta e Chapela para grandes e cativos

Os centros de Ventosela e Negros acollen obradoiros de teatro dirixidos aos máis pequenos, a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Así, en Ventosela segundo nos explicaba a monitora dos obradoiros, Chusa Couñago, os cativos están xa a traballar nunha montaxe musical estilo cabaret mentres que en Negros prevén comezar a montar o “Mago de Oz”. Os adultos teñen as súas posibilidades no centro parroquial de Vilar e no Multiusos do Piñeiral en Chapela. Un elenco de actores afeccionados que nalgún dos casos xa levan tempo participando destes obradoiros mentres que noutros casos veñen de incorporarse a estes grupos de teatro. Chusa Couñago lembraba que as persoas interesadas aínda teñen a posibilidade de participar achegándose aos centros culturais. A duración dos obradoiros é anual e o custe dos mesmos é de 20 euros, que se abonarán no momento da inscrición.

Chusa Couñago
Ventosela e Negros acollen os oradoiros orientados aos nenos
Teatro de adultos
Persoas que nunca fixeron teatro anteriormente intégranse perfectamente cos que xa levan anos actuando

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará