O CIM de Soutomaior pon en marcha actividades de formación, participación sociocultural e deporte que inclúen cursos de novas tecnoloxías, ioga e expresión corporal
Tres áreas nas que centra a súa programación que se vai desenvolver nas vindeiras semanas. Así, xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de iniciación á informática e nun curso de internet como ferramenta de busca de emprego. O obxectivo deste último curso é ensinar ás participantes as distintas aplicacións e servizos dos que dispón a rede e que poden facilitar a súa integración no mercado laboral. No ámbito da participación sociocultural as propostas do CIM pasan pola II edición do obradoiro de iniciación en técnicas teatrais e de expresión corporal, que se iniciará finais de xaneiro e se prolongará ata finais de xuño, e un curso de pintado e tinxido de tea, no que se aprenderán diferentes técnicas para composicións personalizadas, decorativas e prácticas na tea. Finalmente, tamén se aborda o tema da saúde, deporte e benestar coa convocatoria de dous cursos de ioga e danza do ventre. Para informarse ou inscribirse nas actividades poden achegarse ao multiusos de Arcade ou ben chamar ao número 986 701 227