Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O forte vento provoca a caída de arbores e cortes no subministro eléctrico

RR_Noticias

Os fortísimos refachos de vento, dende as dúas ata as seis da madrugada de hoxe obrigaron á Policía Local e Protección Civil a actuar en diferentes puntos do concello por mor da caída de árbores, levantamentos de tellados e caída de colectores.

O vento comezou a soprar con forza a partir das 2:00 da madrugada e pouco despois xa comezaban a recibirse chamadas nos servizos de emerxencia por mor de varios incidentes.
Así, axentes da policía tiveron que desprazarse ata a avenida de Vigo en Chapela ante a caída dunhas fiestras á vía pública. Con todo, foi o desprendemento de árbores o que tivo máis en alerta aos axentes. Caídas de árbores que afectaron practicamente a todas as parroquias: na N-552 a estrada entre Vigo e Redondela á altura de A Portela, en Chas das Pipas e no Curisco en Saxamonde, na N-555 en Negros, no parque de Loureiro e na Nogueira no Viso e na estrada de Pazos á altura de Reboreda, lugares nos que as ramas e as árbores caídas complicaron a circulación.
Tamén houbo que actuar na Calella de Don Basilio, na zona vella de Redondela onde un tellado ameazaba con levantarse.
As nove da mañá continuaban sen subministro eléctrico vivendas da parroquia de O Viso, Ventosela, e Reboreda así como inmobles na parte alta de Chapela. Operarios de Fenosa estaban traballar dende primeira hora nas zonas afectadas para tentar recuperar a normalizade canto antes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará