Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os ladróns visitan Redondela

RR_Noticias

No que vai de ano foron xa varias as vivendas asaltadas no casco urbano da vila. Na xornada de onte foi un piso da rúa Santa Mariña o que sufriu a acción dos ladróns, quen causaron estragos na porta de acceso ao inmoble así como no interior do mesmo e fixéronse cun botín de 1.200 euros en metálico

A realidade parece querer contradicir os datos que hai tan só dous meses deixaba en Redondela o subdelegado do goberno, Delfín Fernández. Aseguraba na última reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada en novembro que as estatísticas confirmaban a boa situación do noso concello en materia de seguridade cidadá. Segundo os datos da Subdelegación a taxa de criminalidade, isto é, o número de delictos e faltas por cada mil habitantes, mantíñase no 20’21 por mil, a cifra máis baixa de entre os núcleos máis importantes de Galicia. Unha taxa que situaba a Redondela 10 puntos por baixo da media provincial.
Con todo, nos últimos días téñense producido numerosos asaltos a garaxes, vivendas e locais comerciais. O último producíase na mañá de onte martes, cando os ladróns forzaban a porta de entrada dunha das vivendas dun edificio situado en Santa Mariña e acadaban botín de 1200 euros ademais de deixar varios danos no inmoble.
Un último atraco a un piso que segundo fontes da Policía Nacional non é o primeiro que se ten producido no que vai de ano.
E ademais dos asaltos a vivendas particulares denunciados neste 2010, hai que lembrar que o último fin de semana do ano deixábanos un total de seis garaxes asaltados en diferentes comunidades de veciños na zona de Vilavella así como o roubo no local comercial Juan Blanco, situado na rúa Ernestina Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará