Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adxudicada a seguridade e as telecomunicacións do AVE entre Soutomaior e a Portela

RR_Noticias

A empresa Alstom Transporte S.A será a encargada de executar as obras, que vén de licitar esta mañá o Ministerio de Fomento cun orzamento de preto de 20 millóns de euros.

As obras, que se enmarcan dentro do proxecto do tren de alta velocidade do Eixo Atlántico, consistirán no desenvolvemento das instalacións de sinalización ferroviaria e de telecomunicacións dos 23,5 quilómetros de lonxitude que ten o tramo. Este plan, que vén de adxudicar esta mañá o departamento que dirixe José Blanco, á empresa Alstom Transporte S.A, inclúe tanto as instalacións definitivas, como as que serán preciso executar previamente para facer posible a construción da plataforma nos tramos que discorren polo corredor da liña actual. Ademais o plan tamén contempla outras actuacións como a instalación dos bloqueos existentes con tecnoloxía electrónica nas estacións de Arcade, Soutomaior e Pontevedra, a implantación de Bloqueo Automático Banalizado con tecnoloxía electrónica en todo o tramo Soutomaior-Pontevedra-Portela así como a instalacións de circuítos de vía ou equipamento de campo para a sinalización. Para execución destas obras o Ministerio de Fomento destinará 19.124.188,14 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará