Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Arcade pola proliferación de ratas no peirao

RR_Noticias

Os naseiros alertan da praga de ratas e instan a Portos de Galicia  que proceda a desratizar a zona para evitar un problema sanitario

Os naseiros de Arcade alertan da praga de ratas que nas últimas semanas están a sufrir nas inmediacións da lonxa e que está a provocar importantes perdas aos mariñeiros que faenan na zona, xa que os roedores saltan a bordo das embarcacións e devoran as nasas, uns aparellos que segundo declarou o presidente da Asociación de naseiros “Alvedosa”, Antonio Álvarez, “quedan completamente estragadas”.
Engaden que ademais dun problema económico, dado o custe que lle supón aos mariñeiros arranxar ou substituír os aparellos, tamén é un problema sanitario xa que nos últimos días algúns exemplares teñen entrado no propio edificio da lonxa
Ante esta situación reclaman de Portos de Galicia que ordene a desratización da zona, xa que as medidas adoptadas ata o de agora, como a colocación de cebos, tense comprobado que non resultaron eficaces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará