Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez feridos leves en tres accidentes na fin de semana

RR_Noticias

Protección Civil informa de un atropelo e dúas colisións que se producían nas xornadas do sábado e domingo no municipio.  

O último dos accidentes producíase ás 16:00 horas de onte na Avenida de Vigo en Chapela preto do Alto da Encarnación, cando un vehículo Volkswagen Passat atropelaba a un veciño da parroquia, que era trasladado a un centro hospitalario con algunas contusións. Tamén en Chapela pero na Avenida de Redondela media hora antes tivera lugar unha colisión entre dous turismos, un Renault Megane e un Fiat Coupe, un sinistro que deixaba un balance de catro feridos de carácter leve, tres homes de 23, 29 e 41 anos e o fillo de este último. Con todo, a accidente máis grave da fin de semana producíase o sábado ás 19:20 horas na N-550 á altura da gasolineira de Chapela cando a condutora dun vehículo que viaxaba en dirección Redondela invadiu o carril contrario chocando con dous automóbiles que viñan de fronte. En total foron 5 as persoas feridas que foron trasladadas en tres ambulancias con feridas de carácter leve. Un accidente que causou importantes retención na vía tanto en dirección Pontevedra como en sentido Vigo.

Antonio Vázquez Saco Protección civil
As estradas nos deixan esta fin de semana numerosos sinistros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará