Hoxe é Venres 24 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Cantos de Reis en Saxamonde

RR_Noticias

Na mañá do día do 6 de xaneiro unha vintena de mozos percorrerán a parroquia pedindo o aguinaldo acompañados polo grupo tradicional “Os rabaquetas de Saxamonde”

A Asociación Cultural “Chan das Pipas” organiza un ano máis os Cantos de Reis para que mozos e mozas da parroquia pidan o aguinaldo o día 6 de xaneiro.
O día de Reis é a primeira festa do ano e para celebralo, a Asociación Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, como vén sendo tradición, organiza os Cantos de Reis.  Máis dunha vintena de mozos e mozas da parroquia entre os 2 e 13 anos de idade veñen ensaiando estes cantos durante as últimas semanas. Acompañados polo grupo tradicional “Os Rabaquetas de Saxamonde”, os nenos e nenas percorrerán as casas dos diferentes barrios de Saxamonde cantando e bailando pedindo o aguinaldo.
Comézanse os Cantos coa copla: “De lonxe viñemos/os que aquí chegamos/se nos dan licenza/os Reises cantamos”. Continúase pedindo o aguinaldo que nos tempos actuais consiste en cartos e lambonadas para os rapaces e licores para os maiores. No caso dalgunha casa ofrecer nada, hai coplas específicas como aquela que di: “Cantámoslles aos Reises/do quiquiriquí/se non nos dan nada/cagámoslle aquí”. Os cativos e cativas tamén prepararon un baile de Reis que ofrecerán en cada casa.
Con esta actividade a Asociación Cultural Chan das Pipas quere reforzar o selo entre os máis mozos coas tradicións do lugar e familiarizalos, ao tempo, coa propia parroquia.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *