Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela deberá posicionarse sobre ás touradas

RR_Noticias

A plataforma “Galicia, mellor sen touradas” presentará unha moción en 19 concellos de toda a comunidade para que se declaren en contra dos festexos taurinos

Redondela é un dos 19 concellos nos que a plataforma antitaurina “Galicia, mellor sen touradas” presentará unha moción para que se declaren en contra dos festexos taurinos, A asociación iniciou unha campaña baixo o lema ‘Queres que a túa cidade se declare abolicionista?’, coa que asesoran persoas e colectivos interesados en impulsar mocións nos municipios en que residen. Atendendo a ese interese, Redondela é un dos concello no que presentarán unha moción no sentido de vetar a celebración deste tipo de espectáculos. As iniciativas populares promoveranse ademais de en Redondela en concellos como Compostela, Vigo, Lugo e Ourense así como nos de A Coruña e Pontevedra, cidades que no caso de declarárense antitaurinas poderían realizar diferentes accións encamiñadas a facer desaparecer estes festexos dos seus territorios, como expropiar as prazas de destinalas a actividades culturais. Unha decisión que ten moito de político xa que este tipo de espectáculos dependen economicamente das subvencións das administracións. Así hai posicionamentos como a do PP que apoia as touradas, o PSdeG que non ten unha postura común ou o BNG quen sempre se mostrou en contra. ‘Galicia, mellor sen touradas’ salienta que Galiza é un dos territorios do Estado con “menor afección á tauromaquia”, segundo un estudo de Gallup de 2002-2006 que reflicte que o 86% dos galegos “rexeitan ou aborrecen” as touradas. Actualmente, a nivel estatal, hai 74 municipios antitaurinos de diferentes comunidades autónomas (Asturias, Baleares, Cataluña, Euskadi), e “desde hai máis de 16 anos a lexislación de Canarias tampouco permite espectáculo taurino ningún”.

Rubén Pérez voceiro da Plataforma
O colectivo colabora cos municipios interesados en impulsar mocións para vetar as touradas
Desaparición dos festexos
Algúns concellos están a prohibir a celebración destes espectáculos
Posicionamentos políticos
PP PSOE e BNG manteñen posturas diferentes respecto das touradas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará