Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pequeteatro arranca o sábado coa obra “Pingueiras e tarteiras” de Teatro del Andamio

RR_Noticias

O Pequeteatro inclúe tres obras orientadas ao público infantil que se poderán ver no Multiusos da Xunqueira os días 26, 29 e 30 ás 18:00 horas con entrada de balde dentro da programación do Nadal Cultural.

A primeira das representacións será o sábado 26 a cargo de Teatro del Andamio, quen porá en escena a obra Pingueiras e Tarteiras. Unha obra que nos sitúa no Castelo Grisallo onde a súa Maxestade está xa cansa de colocar tarteiras debaixo de todas as pingueiras. Un día chega ao castelo a Compañía do Paraugas, un grupo de artistas circenses que farán que a mesma chuvia soe a música. O Concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera entende que logo dos diferentes ciclos orientados ao público adulto era lóxico completar a programación con teatro para os máis cativos. O martes 29 Sarabela Teatro presenta Cósima, unha obra orixinal de Chris Baldwin, baixo a dirección de Ánxeles Cuña e interpretada por Fernando Dacosta, Tito R. Asorey, Sabela Gago e Elena Seijo. Unha nena decide irse vivir a unha árbores fuxindo dun pai autoritario e distante. E para pechar o Pequeteatro a concellería elixiu a obra Os Bolechas. Os famosos personaxes ideados por Pepe Carreiro cobrarán vida da man de varios actores de Caramuxo Teatro, quen axudados por marionetas, ofrecerán un divertido espectáculo dirixido a neno de máis de tres anos de idade quen asistirán a unha comedia musica na que se mostrará un día na vida de Tata, Faísca, Braulio, Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e Carlos, o maior dos irmáns.

Eduardo Reguera
O edil de cultura entende que era unha evolución lóxica programa un ciclo de teatro para nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará