Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A deputación subvenciona proxectos nas confrarías de Redondela e Soutomaior

RR_Noticias

As contías irán destinadas á mellora de infraestructuras así como á adquisición de equipamento e forman parte dunha axuda económica de 30.000 euros que se repartirá entre as agrupación da comarca de Vigo e o Baixo Miño
 

A Confraría de Pescadores Santa Tegra (A Guarda), a San Xoan de Redondela (Redondela), a da Virxe do Carme (Soutomaior), a San Francisco (Vigo), e a Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra son as agrupacións da comarca de Vigo e Baixo Miño que recibirán de mans da Deputación Provincial de Pontevedra unha axuda económica que ascende, en total, case ós 30.000 euros.
No caso da Confraría de Pescadores San Xoan de Redondela, con 500 socios, os cartos investiranse na reparación dos seus edificios sociais e na adquisición de equipamento, tanto para os inmobles e a lonxa, como para a execución de labores de vixilancia. Pola súa banda a confraría a Virxe do Carme de Soutomaior empregará a achega para a compra de mobiliario para os vestiarios de mariscadores a flote, dos que se beneficiarán preto de 200 usuarios.
Estas achegas económicas se enmarcan dentro do reparto de axudas ás confrarías, federación provincial e asociacións de confrarías de pescadores que concedeu a Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 100.000 euros. Con esta iniciativa a entidade provincial busca axudar a este tipo de agrupacións para que poidan gañar en eficacia e rendemento de cara o ano próximo. Para elo, as contías irán destinadas á mellora de infraestruturas e á adquisición de equipamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará