Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello xestionará a continuidade do obradoiro de emprego en Pousadouro

RR_Noticias

Os 25 alumnos que pasaron polo obradoiro “Maceiras” realizaron ao longo do ano traballos de recuperación na Casa dos Gardas e no exterior do edificio que albergarán unha ludoteca e un parque infantil

Este obradoiro foi financiado pola Consellería de Traballo e Benestar social en colaboración co Concello cunha subvención de 525.899 euros. En total foron 25 os alumnos que tomaron parte nel, dos cales 9 realizaron formación en albanelería, 8 en carpintería e 8 en traballo forestal.
Ao longo do ano realizaron traballos de recuperación na Casa dos gardas onde está previsto instalar unha ludoteca, así como na zona exterior, onde se prevé un espacio infantil. No inmoble, de dous andares, tamén haberá espacios para aulas de formación e talleres.
Na clausura do obradoiro, celebrada na mañá de onte coa entrega de diplomas, a Delegada da Xunta en Vigo, Lucia molares, anunciou o investimento de máis de tres millóns de euros na realización de cinco programas de formación de emprego, un dos cales será impartido en Soutomaior “hostelería Pedro Madruga”.
Polo de agora non se prevé ningún novo obradoiro en Pousadouro aínda que o rexedor local adiantou que xestionará novos fondos para que a escola taller teña continuidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará