Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A noiva cadáver” visita Saxamonde

RR_Noticias

A Asociación cultural Chan das Pipas proxectará este domingo a película de Tim Burton ás 18:00 horas. Unha película de animación ambientada nunha vila europea no século XIX e que nos achega ao particular mundo do director norteamericano

A Asociación Cultural Chan das Pipas de Saxamonde (Redondela) programa para estas festas de Nadal a proxección do filme “a noiva cadáver” do director Tim Burton. Seráo  próximo domingo día 27 a partir das 18:00, na Casa Cultural de Chan das Pipas. Esta entretida película de animación é apta para todos os públicos. A Asociación Cultural quere convidar en especial a nenos e nenas de Saxamonde e comarca a que participen da proxección. Tal e como vén sendo tradición os asistentes poderán degustar pipocas (pombiñas de millo) ofrecidas pola sociedade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará