Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica as últimas actuacións das Concellerías de Tráfico e de Medio Ambiente

RR_Noticias

Os populares acusan ao socialista, Eduardo Reguera de “improvisar” como Concelleiro de Tráfico e critican o que entenden “utilización política da Axenda 21” por parte do BNG
 

Os populares non están dispostos a dar unha tregua ao goberno local nestas datas de Nadal. De feito, móstranse especialmente belixerantes coas actuacións das concellerías de Tráfico e Medio Ambiente. Por unha banda e en relación aos atascos vividos no centro urbano o pasado venres por mor das obras de asfaltados da rúa Ernestina Otero, acusan ao edil Eduardo Reguera de dar “continuas mostras de improvisación” ao non anunciar nin os cortes nas rúas nin dos itinerarios alternativos o que provocou “un auténtico caos na vila”.
Critican ademais que o mesmo día no que se procede a realizar as tarefas de asfaltado nesta rúa se realicen tamén outros traballos que provocan problemas na circulación como foi “a instalación dos novos farois da rúa José Regojo, invalidando o uso dun carril nestas calzada durante toda a xornada”.
Críticas para o PSOE pero das que non se libran tampouco no BNG. O concelleiro popular Alberto Pazos, critica “a utilización política da Axenda 21” e acusan aos nacionalistas de empregar a exposición que estes días se pode ver no Multiusos da Xunqueira para promocionarse.
Entenden no PP que moitas das afirmacións que se realizan nos paneis da mostra son falsas como “afirmar que en Rande non se instalou a cementeira gracias ao concello” ou falar dunha Redondela máis participativa “cando se negou a intervención no pleno municipal á práctica totalidade das asociacións que o solicitaron”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará