Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela quedará sen auga esta madrugada

RR_Noticias

A partir das 00.00 horas desta madrugada a empresa Aqualia cortará o subministro de auga por mor dunha avaría na rede xeral de abastecemento. Espérase que sexa restablecido entre as catro e cinco da mañá.

 
A empresa Aqualia vén de informar que cortarán o abastecemento de auga entre catro e cinco horas a partir desta media noite por mor dunha avaría localizada no punto 360 da rede xeral de subministro. A compañía espera que a partir das catro da madrugada, como moi tarde, ás cinco, todos os veciños poidan dispor de auga nas súas vivendas.
Malia que a compañía advirte que o corte afectará a toda Redondela, as vivendas que quedarán totalmente sen abastecemento serán aquelas que están situadas na zona alta do concello. Aqualia, xa avisou a todas as comunidades de veciños, para que advertiran aos residentes e aseguran que hora escollida foi aquela que consideraron de menor molestia para os redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará