Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de Nadal para os cativos

RR_Noticias

A  Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza dous obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 4 a 12 anos. As actividades desenvolveranse en horario de mañá os días 23, 24, 28 e 30 e os interesados deben anotarse no teléfono 986 40 26 08
 

Os obradoiros desenvolveranse no Multiusos da Xunqueira os días 23, 24, 28 e 30 de decembro, entre as 10.30 e as 13 horas  e teñen un dobre obxectivo, por unha banda artellar un espacio de xogo e divertimento para o período de Nadal a través do fomento da Igualdade e por outro, favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Estes obradoiros estarán centrados no desenvolvemento de xogos simbólicos e populares, ademais de manualidades con materiais de refugallo, e constitúense como unha alternativa lúdica e didáctica para as nenas e nenos de Redondela neste tempo de lecer, fomentando o consumo responsable.
Serán desenvolvidos por persoal cualificado e a inscrición, que será gratuíta,  poderá facerse no departamento de servizos sociais do concello ou no teléfono 986 40 26 08.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará