Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine de animación no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

O Nadal Cultural inclúe a proxección dos títulos “Up” e “Bolt” ás 18:00 horas no Multiusos. Películas de temática familiar que farán as delicias dos máis pequenos.

A programación do Nadal Cultural continúa hoxe coa proxección da película de animación, Up. Unha película de Disney para os cativos na que se nos conta a historia dun vendedor de globos de 78 anos de idade, Carl Fredricksen, quen consegue realizar o soño da súa vida ao enganchar milleiros de globos á súa casa e saír voando rumbo á América do Sur. Con todo, descubre demasiado tarde que o maior dos seus pesadelo ten embarcado tamén na viaxe: un explorador da xungla chamado Russell, quen ten 8 anos de idade e un optimismo a proba de bombas.
A proxección será ás 18:00 horas no auditorio do Multiusos con entrada de balde.
Mañá martes á mesma hora proxectarase Bolt, tamén unha película de animación. Neste caso cóntasenos a historia dun can chamado Bolt que protagoniza un famoso programa de televisión no que interpreta a un can con súper poderes. O problema é que Bolt pensa que os seus poderes son reais. Accidentalmente acaba nas rúas de nova York onde xunto a un gato e un hanster deberá enfrontarse ao mundo real.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará