Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Catering Canario revalida o liderato cunha nova vitoria e a Sar cae ante o Lalín

RR_Noticias

O Canario revalida o seu liderato na última xornada do ano logo de gañar por 34 tantos a 27 ao Porriño mentres a Sar cae ata o cuarto posto pola cola logo da derrota desta fin de semana no encontro disputado no campo do Lalín que rematou co marcador de 34-23

O Canario Cathering temina o ano como líder indiscutible do grupo A de primeira nacional e cunha vitoria sobre o Balonmán Porriño por 34 tantos a 27. Os de Fran Teixeira impuxéronse nun partido disputado en Chapela e no que os visitantes nunca se renderon a pesar da superioridade dos locais.
O 2010 arrancará cun encontro no campo do OAR Coruña.
Pola súa banda a Sar sufriu unha contundente derrota no campo do Lalín, 34-23 resultado final dun encontro no que os locais foron claramente superiores durante todo o partido. Unha derrota que fai que a Peguform Sar caia ao cuarto posto pola cola  e ademais terán un difícil arranque de ano, o primeiro dos partido logo das vacacións de Nadal será na Bomboneira onde a SAR recibirá a visita do segundo da clasificación, o Atlético Novas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará