Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP xa advertira da ilegalidade dos feitos que poden provocar a inhabilitación do alcalde

RR_Noticias

Os concelleiros populares lembran que o seu grupo foi o único que se posicionou en contra na aprobación dun recoñecemento extraxudicial de créditos, por un importe de case 800.000 euros, no pleno do 26 de decembro de 2007. Fan fincapé en que o “bigoberno obviou o informe do interventor municipal que informaba de que os gastos eran ilegais e nulos de pleno dereito”
 

O PP lembra que o seu grupo xa advertira das irregularidades na contratación dunhas obras executadas no ano 2007 polas que actualmente a Fiscalía solicita a inhabilitación do alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Urbanismo, Emilio González Iglesias.
Insisten en que eses gastos autorizáranse cos votos favorables de socialistas e nacionalistas obviando a actitude do Partido Popular, que se posicionou en contra, e o informe do propio interventor municipal que advertía que os gastos aprobados para eses traballos eran ilegais e nulos de pleno dereito”
A voceira do PP Francisca Canal asegura ademais que o interventor xa anunciara, a maiores, de que son responsables dos acordos das corporacións locais os membros das mesmas que votasen favorablemente, “neste caso, PSOE e BNG”
Os populares lembran que os feitos producíranse no pleno municipal do 26 de decembro de 2007, cando se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos por un importe de 799.531,11 euros, correspondentes a varias obras executadas ese ano sen dispoñer de consignación orzamentaria. No debate plenario Canal xa puxera de manifesto que “se tratanba de gastos ilegais, produto de contratacións verbais e nulas de pleno dereito, tal e como se recolle no informe de Intervención”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará