Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O filósofo Domingos Antón analiza na Casa da Torre a participación veciñal

RR_Noticias

 Antón chega a Redondela dentro das Conversas que organiza a Asociación Cultural Alén Nós. A cita, aberta a todo o público, este xoves na Casa da Torre ás 20:00 horas  

“Vizinhos com voz: arquitetar aldeias, arquitetar cidades, compor democracia” ese é o título da charla que este xoves impartirá en Redondela o catedrático de filosofía, profesor e columnista Domingos Antón. A actividade, organizada dentro das Conversas da Asociación Cultural Alén Nós, desenvolverase ás 20:00 horas na Casa da Torre e na mesma abordaranse diferentes cuestións como as repercusións do urbanismo desaforado no rural, os efectos das grandes infraestruturas ou a fallida participación cidadá en democracias como a nosa. Como filósofo, Antón adianta que o seu papel máis destacado na charla será o de provocar e por sobre a mesa temas para que se vaian debullando máis polo miúdo no coloquio posterior entre os asistentes

Domingos Antón
A participación cidadá será un dos asuntos que se abordarán na charla
Xerar debate
Como filósofo un dos seus obxectivo é que se cree un debate aberto a todos os asistentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará