Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban no bar A Cova logo de forzar a pechadura

RR_Noticias

O roubo produciuse de madrugada neste local da rúa Xeneral Rubín. Os ladróns, que causaron importantes estragos no bar, so levaron parte da recadación da máquina recreativa

 
Un veciño alertaba ás 7:30 da mañá á policía local de destrozos na porta do bar A  Cova que se atopa na rúa Xeneral Rubín número 22. Unha vez no lugar os axentes comprobaron que os ladróns accederan ao establecemento logo de forzar a pechadura xa que o bar carecer de reixa.
Logo de avisar aos propietarios do bar comprobouse a desfeita causada polo ladróns, quen se levaron tan só os cartos da máquina recreativa. O feito de que non forzaran a máquina rexistradora fai pensar que se trata de afeccionados xa que foi peor a desfeita causada no local que a cantidade económica sustraida.
O caso está agora en mans da policía científica quen procederá a recoller pegadas para tentar dar cos autores do roubo.
Accidente de tráfico
Tamén hai que lamentar un accidente na Avenida mediño sobre as nove da mañá. Un sinistro no que se viron implicados tres vehículos aínda que afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.
Segundo información da policía local o accidente produciuse cando un vehículos que viña en dirección Cesantes Redondela saíuse do seu carril e colisionou contra outro turismo que circulaba en sentido contrario. Como consecuencia do impacto tamén se viu afectado un terceiro vehículo que se atopaba estacionado nun lateral da vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará