Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares adxudícanse a autoría do futuro centro de día de Redondela

RR_Noticias

O goberno local anunciaba o pasado martes que o centro de día será unha realidade no 2011 e engadían que as xestións realizáranse baixo o mandato do bipartito na Xunta. Dende o PP agradecen ao goberno de Núñez Feijoo que execute as obras e aseguran que “onde outros puxeron carteis anunciadores, o actual Goberno galego vai poñer os cartos para executar unha obra longamente demandada polos redondeláns”.
 

Despois dunha longa espera, o goberno local anunciaba o pasado mércores que as obras de construcción do centro de día de Redondela foran adxudicadas pola Consellería de Traballo e Benestar á empresa Construcciones Conde S.A.
Unha adxudicación que segundo engadían os responsables municipais fará posible que o centro, que ofertará corenta prazas, trinta de atención de día e dez residenciais, poida estar en funcionamento a mediados do 2011, xa que a adxudicación por valor de 1.667.742 euros conta cun prazo de execución de 16 meses.
Tamén dende o goberno se encargaban de lembrar que esta “actuación fora xestionada dende o bipartito, cando a Vicepresidencia de Igualdade e benestar estaba dirixida por Anxo Quíntana e que fora un problema urbanístico o que obrigara a pospoñer a adxudicación das obras.
Nembargantes os populares fan outra interpretación. Aseguran o Centro que se instalará en terreos de Cesantes será unha realizade grazas ao compromiso da Xunta de Galicia co noso concello xa que “onde outros puxeron carteis anunciadores, o actual Goberno galego vai poñer os cartos para executar unha obra longamente demandada polos redondeláns”.
O edil popular Alberto Pazos acusa ao alcalde de tentar “enganar aos cidadáns de Redondela con promesas que resultaron ser un fraude electoral” e remata afirmando que xa que lle gustan tanto os símiles futboleiros, debemos dicirlle que “Redondela necesita un dianteiro de primeira, e non un que marque un gol cada trinta anos”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará