Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación emprega 2.000 neumáticos usados para asfaltar a estrada entre Arcade e Amoedo

RR_Noticias

A estrada de acceso ao Castelo de Soutomaior é a primeira obra na que a Deputación utiliza un aglomerado en quente tipo M-10 fabricado con betún modificado con caucho que ten un alto valor medio ambiental por reciclar rodas que xa están fora de uso. A obra ascende a 200.000 euros.
 

A Deputación de Pontevedra decidiu empregar un novedoso sistema para realizar as obras de renovación da capa de rodaxe na estrada entre Arcade e Amoedo. Consiste na  utilización dun aglomerado en quente tipo M-10 fabricado con betún modificado con caucho que ten un alto valor medio ambiental.
O citado betún está modificado mediante a adición de caucho procedente do reciclado dos neumáticos que están fora de uso e que supoñen un residuo moi problemático de eliminar e reutilizar. Con esta iniciativa a Deputación Provincial de Pontevedra pretende probar este novo produto e comprobar as melloras que aporta o seu emprego nas mesturas asfálticas.
Trátase dun tramo de 1,9 quilómetros na  estrada de acceso ó castelo de Soutomaior, á altura do campo de fútbol de céspede artificial e do cemiterio. A Deputación está a investir un orzamento de 200.000 euros nesta actuación.
Segundo informaron os técnicos da institución, esta é a primeira obra na que a Deputación utiliza este tipo de pavimento no que se empregarán uns 2.000 neumáticos usados
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, supervisaban onte ditas obras coas que segundo afirman dende o organismo provincial “queren contribuír de forma decidida ó desenvolvemento sostible e pretende colaborar na solución do problema medio ambiental que supoñen os neumáticos usados acumulados no país”. Compre destacar que España xera da orde de 300.000 toneladas anuais deste tipo de residuos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará