Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clara Míguez e Anxo Alvarez gañadores do concurso Un conto de medo con Edgar Allan Poe

RR_Noticias

Os relatos “Inexplicable” e “Noite sanguenta” foron os premiados no concurso convocado polas bibliotecas de Redondela. As historias gañadoras emitiranse na Radio Municipal

Os gañadores do concurso convocado polas bibliotecas de Redondela co gallo da conmemoración do bicentenario do escritor Edgar Allan Poe foron polo CEIP Outeiro das Penas de Cesantes, Carla Miguez Piñeiro co relato “Inexplicable”, que se alzou co primeiro galardón e Anxo Álvarez Braños do CEIP Laredo de Chapela con “Noite sanguenta” quen levou o segundo premio. O concurso estaba dirixido aos grupos de 6º curso de primaria dos colexios de Redondela que podían participar con un ou varios relatos inspirados na atmosferas, personaxes ou historias do escritor. A entrega de premios estivo amenizada polo contacontos Mario Tomás “Marioneta” quen dramatizou as historias gañadoras que se emitirán na Radio Municipal.

Os premiados
os rapaces falan das súas lecturas preferidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará