Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía científica investiga o incendio de Vilavella

RR_Noticias

Os veciños do número 1 da rúa Pai Crespo permanecían na mañá de hoxe sen subministro de luz, gas e auga. Unha vez rematen as pescudas policiais procederanse a realizar os primeiros arranxos no tellado para protexer o edificio das chuvias que se esperan de cara ás vindeiras horas

Axentes da policía científica desprazáronse na mañá de hoxe ao edificio número 1 da rúa Pai Crespo en Vilavella para recoller pistas e indicios que sirvan para coñecer a orixe do lume que na mañá de onde calcinou os trasteiros e a cuberta de uralita do inmoble. Aínda que todo a punta a un posible curtocircuíto, xa que segundo explicou o concelleiro de seguridade, Eduardo Reguera, “nos trasteiros había arcóns, lavadoras e outros electrodomésticos, así como moito material inflamable que facilitou a propagación do lume” haberá que esperar a coñecer os resultados das investigacións que están a realizar os axentes. O edil explicaba ademais que ante o deteriorado estado no que quedou o edificio espérase que os operarios comecen a traballar canto antes na reparación do tellado. O incendio orixinábase na mañá de onte e as lapas ocasionando importantes danos e obrigaba a desaloxar o edificio ata as 14.00 horas, momento en que os servizos de Protección Civil de Redondela, así como os Bombeiros de Vigo remataron os labores de extinción.  As explosións e as lapas provocaron unha forte preocupación entre os veciños da zona.

Eduardo Reguera
A policía continúan as pescudas para averiguar si o incendio se debeu a un curtocircuito
Alarma entre os veciños
As explosións e as lapas provocaron a alarma na zona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará