Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comedia será a protagonista no Teafecciona’09

RR_Noticias

Tres compañías de teatro da provincia achegan ao multiusos da Xunqueira obras para todos os públicos dentro da V edición da mostra de teatro afeccionados que organiza o concello de Redondela. Todas as representación serán ás 20:00 horas a un prezo simbólico de 1 euro.

A primeira das actuacións será este mesmo sábado e correrá a cargo da compañía pontevedresa Teatro Arume. O grupo dirixido por Juan García Lorenzo pon en escena unha adaptación da novela orixinal de Manuel Núñez Singala ‘O achado do castro’ onde se mestura a ambientación da época romana con elementos da actualidade, creando situacións cómicas.  O día 21 será a quenda do grupo de Castro barreiro de Salceda de Cáselas. Unha comedia cuxo título xa fala por si mesmo “Paco Jones, detective privado”. Neste caso o argumento sitúanos nun chalet da periferia onde viven tres irmáns solteronas cuxas vidas vense alteradas por unha serie de roubos. Para esclarecer a situación deciden contratar un detective moi especial, Paco Jones. As situación cómicas sucédense nesta obra do dramaturgo José Cédena. O programa concluirá o sábado 28 coa obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” do grupo de Narón “O aturuxo de Melpómene”. Tamén aquí unha comedia escrita e dirixida por Leandro Lamas cuxa protagonistas é unha nai que agocha o seu pasado limpándolle ós porcos. Unha filla que quere ser cantante. Un pianista no horizonte. Un libro que nunca foi aberto…

Suso Ben programador cultural
As obras programadas atópanse entre as máis divertidas do actual teatro afeccionado
O achado do castro
A primeira das representacións será este sáado día 14

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará