Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso fotográfico “O Viso, terra de meigas”

RR_Noticias

A Asociación cultural Santa María Do Viso organiza un concurso fotográfico cuxa temática principal será reflectir a realidade actual da parroquia

Os participantes no concurso poderán presentar ata tres fotografías inéditas cuxa temática estará centrada nas xentes, paisaxes, hábitos, festas e, en xeral, na realidade O Viso. Existirá unha única categoría e o xurado, que estará formado por 5 integrantes da Asociación, valorará tanto a calidade da fotografía como a creatividade á hora de transmitir a visión actual da parroquia.
O gañador do concurso recibirá un mini ordenador portátil mentres que o segundo e terceiro clasificado gañarán un cámara de fotos dixital.
Cada participante poderá remitir ata tres fotografías inéditas, xunto cos seus datos, ó correo electrónico acsmviso@gmail.com, ou ben por correo ordinario á sede da asociación. O prazo de presentación das fotografías está aberto ata o 28 de novembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará