Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso de blogs para potenciar a gastronomía e fomentar o uso do galego

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística convocan aos mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos a participar na segunda edición do concurso de blogs Reblogdela, que este ano ten como tema “A nosa gastronomía”.

Os obxectivos do concurso Reblogdela son fomentar o uso e normalización da lingua galega así como a gastronomía local. De feito, os blogs que se presenten a concurso deberán ter como tema principal os recursos locais relativos a produtos gastronómicos, restaurantes, receitas xenuínas ou festas populares A Concelleira de normalización, Anxeles Babarro entende que con estas iniciativas axúdase a normalizar o uso da lingua en ferramentas tales como as novas tecnoloxías e anima aos mozos a participar no concurso. O prazo de presentación rematará o 10 de decembro. O primeiro clasificado terá como premio un ordenador portátil mentres que o segundo e terceiro serán agasallados con MP4. Os participantes deberán presentar os seus traballos antes do 10 de decembro na sede da Asociación de Empresarios de Redondela ou no enderezo electrónico reblogdela@empresasredondela.com. Todos os participantes asistentes á clausura recibirán un pen drive

Julia Alonso técnica da Asociación de empresarios
O blog debe facer referencia á gastronomía local
Anxeles Babarro concelleira normalización
Perséguese normalizar a lingua nas novas tecnoloxías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará