Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Orquestra de Saxos leva a Holanda a música de Reveriano Soutullo e Víctor Ureña

RR_Noticias

A formación musical, que dirixe Elisa Arias, desenvolverá durante a vindeira semana unha xira polo país holandés que inclúe a celebración de sete concertos onde compartirán escenario con destacadas agrupacións do país

A orquestra de Saxos de Redondela desprázase a vindeira semana á cidade holandesa de Tilburg onde realizará unha xira de 7 concertos entre os días 12 ao 19. O grupo viaxará cun total de 46 músicos -44 xasofonistas e 2 percusionistas- que actuarán baixo a batuta de Elisa Arias.
Durante a xira a orquestra actuará na Universidade de Fontys, onde a directora realizará unha poñencia sobre os recursos, metodoloxía e pedagoxía do saxofón que se segue no Conservatorio de Redondela e que permite aunar idades e niveis moi diferentes dnetro dun mesmo grupo instrumental.
Está prevista tamén unha actuación na praza principal da cidade de Tilburg, nun concerto aberto ao público onde estarán acompañados por outras dúas formación holandesas.
Asemade, durante a súa estancia compartirán escenario coa Banda Orpheo baixo a batuta do compositor e director Hardy Mertens. Esta agrupación interpretará a obra Maruja do compositor  José Pérez.
En todas estas actuación a Orquestra de Saxos interpretará música de compositores vinculados estreitamente a Redondela como Reveriano Soutullo ou Víctor Ureña no repertorio máis clásico e de José Pérez Arias no apartado de swuing e jazz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará