Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novas expropiacións ou realoxo dos veciños como solucións aos prexuízos das obras do AVE

RR_Noticias

Xaime Rei e os afectados polas obras do tren de alta velocidade reuníronse onte co Subdelegado do goberno en Pontevedra. Non se adoptará ningunha medida ata coñecer os resultados das medicións de ruídos que realizará un equipo técnico nos vindeiros días  

O alcalde de Redondela reclamou onte ante a Subdelegación do goberno solucións para as 15 familias afectadas polas obras do AVE no Val do Maceiras. Xaime Rei lembrou as denuncias que de xeito reiterado veñen facendo os veciños da zona como o po ou as repercusións medioambientais que esta actuación está a ter no entorno, coa desaparición de mananciais e vertidos ao río Maceiras. Pero sobre todo son os ruidos nocturnos e as vibracións que causan as tuneladoras que traballan as 24 horas do día no tunel que comunicará esta parroquia redondelá con Vigo o que máis está a prexudicar as vivendas da zona. Entre as posibles solucións falouse de incrementar as medidas de insonorización, a expropiación das casas afectadas ou incluso o realoxo dos veciños mentres continúen as obras. Todo propostas que están a espera das medicións de ruidos que os técnicos teñen previsto realizar nos vindeiros día na zona. Con todo, os representantes da asociación de efectados Val do Maceiras mostráronse decepcionados co resultado do encontro por non ter conseguido do subdelegado do goberno, Delfín Fernández, ningunha garantía de que non se realizarán ruídos en horario nocturno dende as 22:00 horas ata as 7.

Xaime Rei
O realoxo é unha opción a ter en conta segundo o alcalde de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará