Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Seminario de Estudos redondeláns presenta un novo boletín coa colaboración do galeguista Avelino Pousa Antelo

RR_Noticias

A publicación, que se presenta o venres ás 20:00 horas na Casa da Torre, recolle artigos sobre o patrimonio, a arquitectura ou as tradicións, con referencias aos miliarios, cruceiros e petos de ánimas, os galeóns de Rande e un proxecto arquitectónico de Palacios en Chapela

A asoicación cultural Seren presenta mañá na Casa da Torre o número 5 do seu boletín anual.  O acto contará coa presenza dun histórico galeguista Avelino Pousa Antelo, mestre, agrarista, político e escritor que mantén estas facetas en activo a pesares de contar xa con 96 anos e quen foi o encargado de prologar a publicación que se presentará mañá. Un boletín a través dO cal os membros do Seren queren afondar na microhistoria local como un xeito de contribuír á historia en xeral e sobre todo, de difundir aspectos da nosa historia e a nosa cultura descoñecidos por moitos de nós. Así os articulistas que colaboran neste número percorrer aspectos da tradicións, a arte e mesmo da arquitectura de Redondela. Atoparemos nas súas páxinas a derradeira parte dun estudo que xa se iniciara en números anteriores sobre cruces e petos de ánimas do concello. Tamén artigos sobre os miliarios romanos, a Igrexia de Santiago ou a Alameda redondelá. Recóllese ademais unha investigación sobre un proxecto que quedou no esquecemento do arquitecto Antonio Palacios para o Santuario de San Fausto en Chapela e outro dos ártigos aborda un tema de absoluta actualidade como son os espolios subacuáticos de barcos afundidos, centrado nas naves afundidas no estreito de Rande.

Lola Míguez
Avelino Pousa Antelo un histórico do galeguismo
Afondar na historia local
O novo boletín percorre aspectos das tradicións da arte e mesmo da arquitectura de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará