Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de alfabetización e formación de adultos

RR_Noticias

O acto de presentación, no que actuará o grupo de gaitas de Cedeira, terá lugar o vindeiro día 8 de outubro ás seis e media da tarde no Auditorio do Multiusos de Redondela.

Comezan mañá os cursos de alfabetización e formación de adultos que organiza a Concellaría de Servizos Sociais  e Igualdade de Redondela.
Estes cursos, totalmente gratuítos, van destinados a mulleres e homes, de calquera nacionalidade, que necesiten adquirir vocabulario, técnicas básicas de lectura, escritura, cálculo e  habilidades sociais que favorezan o seu desenrolo persoal e profesional.
A eles poden asistir todas as persoas maiores de idade, especialmente aquelas que non teñan unha titulación básica, estranxeiras/os, desempregadas/os, e empregadas/os con dispoñibilidade horaria. Tamén poderán asistir  maiores de dezaseis  que por causas xustificadas non poidan seguir os estudios en centros ordinarios.
Os interesados poden formalizar a matrícula no departamento de Servizos Sociais e Igualdade, na rúa Isidoro Queimaliños, nº 2 , onde lles ofrecerán información detallada.
Para máis información consultar a páxina de Servizos Sociais do Concello de Redondela ou  o teléfono 986 40 26 08

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará