Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama á directora do centro social que ceda un local a coral Alvedosa

RR_Noticias

Acusan a Francisca Canal de confundir a súa función como directora do Centro Sociocomunitario co seu papel político como voceira do PP en Redondela

Diante da problemática que nas últimas semanas tén como protagonistas á Coral da Terceira Idade de Redondela, asunto levado ao pasado Pleno da Corporación Municipal, o BNG de Redondela califica de “sectarismo” o proceder da directora do centro, Francisca Canal. Afirman que “como xestora de recursos públicos debe actuar baixo os criterios de equidade e respeito, garantindo os mesmos dereitos para todos e todas e baixo ningún concepto pódese permitir que por desavenencias con particulares, se actúe de xeito autoritario cun colectivo que agrupa a máis de vinte persoas”.
Tamén a acusan de confundir as súas función como directora do Centro co seu papel político dentro do PP xa que aseguran dende o BNg que “semella que dende que houbo cambio de goberno na Xunta de Galiza, a tamén portavoz do PP local, considera que este Centro forma parte do seu patrimonio particular. Pretender que unha coral coa longa tradición que esta tén, deixe de utilizar un local de ensaios, constitúe, cando menos unha falta de respeto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará