Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume no barrio de Cabanas obriga a intervir ao Grumir

RR_Noticias

O incendio produciuse ás cinco da tarde de onte nunha casa que se atopa en estado de ruina en Trasmañó

Efectivos do servizo do Grumir tiveron que intervir onte para evitar que se estenderan as lapas nun incendio que se iniciou ás 17:00 horas nunha casa abandonada no barrio de Cabanas en San Vicente de Trasmañó.
O incendio iniciouse ás cinco da tarde de onte no interior dunha vivenda que se atopa en estado de abandono e provocou unha importante fumareda que alarmou aos veciños.
A dotación do Grumir acudiu cun camión motobomba para traballar nas extinción do incendio. Sen embargo, as condicións nas que se atopaba o camiño de acceso á vivenda obrigou a estacionar o vehículo a uns cen metros do lugar e estender unha mangueira ata o lugar. Finalmente o incendio foi extinguido sen que haxa que lamentar danos persoais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará