Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local precintará mañá venres as instalacións de Hormigones Vigo en Vilar

RR_Noticias

Os axentes executarán así unha resolución da alcaldía pola que se ordena a clausura das instalacións de VIlar de Infesta que se atopan en situación irregular por carecer de licencia de apertura e actividade.

A Concellería de urbanismo deu orde á Policía Local de proceder novamente mañá venres ao precinto das instalacións da empresa Hormigones Vigo en Vilar de Infesta por carecer de licencia de apertura e actividade.
Non será esta a primeira vez que na que axentes da policía precinten as instalacións da fábrica de formigón, sen embargo os responsables da planta fan caso omiso a esta prohibición e logo de romper os precintos continúan desenvolvendo as súas actividades.
O conflito con esta empresa leva anos sen resolverse pero deu un paso cualitativo á raíz dun ditame do Consello consultivo de Galicia quen a través dun informe vinculante, baseado nunha sentencia previa do Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo e do Tribunal Superior de Xunstiza de Galicia, establecía a anulación da licencia de apertura outorgada a empresa en decembro do ano 1998.
Co precinto da empresa preténdese preservar a salubridade e seguridade das persoas que viven na contorna da planta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará