Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma demanda a posta en marcha do Plan de transporte público anunciado polo Concello

RR_Noticias

A plataforma cidadá solicitará información ao Concello de Redondela e a Consellería de Política territorial sobre o plan de transporte público anunciado meses atrás dende a Concellería de urbanismo. O edil Emilio González Iglesias comprometera o investimento de 75.000€ para a posta marcha dun plan de transporte na área metropolitana de Vigo que permitiría reducir o prezo do billete en practicamente un 50%.

O convenio, asinado entre o Concello e a Xunta, tiña como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno da área metropolitana e, polo tanto, proporcionar aos cidadáns un mellor servizo público colectivo, competitivo e eficiente como alternativa ao transporte privado. Para acadar ese obxectivo a medida máis salientable era a redución no prezo dos billetes que deberían aboar os usuarios e que pasarían a custar 71 céntimos o que suporía unha rebaixa de case o 50% xa que o traxecto en autobús Vigo-Redondela custa a día de hoxe 1’40 céntimos. Nembargantes, logo de seis meses do anuncio aínda non se fixo efectivo nada de todo o anunciado polo que a plataforma ven de iniciar campaña de instancias dirixidas ao Alcalde e á Consellería nas que demanda a documentación precisa para que se coñeza o contido do plan anunciado naquela data, as razóns do seu retraso, e os prazos previstos para a súa verdadeira posta en marcha. Con esta acción, pretenden evitar que aquel anuncio quede “noutra mentira ou promesa incumprida dos nosos representantes políticos, e se acrediten as súas verdadeiras intencións”. Dende a Plataforma Cidadá Contra a Autovía entenden que o transporte público é a verdadeira solución ós problemas de mobilidade dos cidadáns fronte “ó despilfarro e os custes sociais e ambientais das grandes infraestruturas de transporte terrestre”.

Emilio González Iglesias
O edil falaba seis meses atras da aposta do concello de Redondela polo transporte público
Tino Míguez
A plattaforma solicita información a Concello e Consellería sobre os atrasos deste proxecto de transporte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará