Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco horas sen auga por mor dunha avaría no centro da vila

RR_Noticias

Máis de 8.000 veciños permaneceron durante toda a tarde sen subministro ao romper unha escavadora que estaba a traballar na rúa Pai Sarmiento a canalización da auga

O centro urbano de Redondela permaneceu durante toda a tarde de onte sen auga por mor da rotura dunha canalización xeral na rúa Pai Sarmiento. Dende as 15:30 e ata as 20:30 ao redor de 8000 veciños permaneceron sen subministro. O corte afectou tamén a algunhas das parroquias do municipio.
Os feitos producíronse a primeira hora da tarde cando unha escavadora que traballa nas obras de humanización na rúa Sarmiento rompeu unha das canalizacións da auga.Os traballos de reparación, realizados por operarios da empresa concesionaria Aqualia, prolongáronse durante toda a tarde. O servicio quedou restablecido preto das 20:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará