Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello ampliará a zona azul a Vilavella

RR_Noticias

Os aparcamentos existentes baixo o viaduto Madrid pasarán a ser de estacionamento limitado a 90 minutos antes de que remate o ano. O obxectivo é favorecer a rotación de vehículos  

A concellería de tráfico ten previsto crear unha nova zona azul en Redondela. Concretamente afectará ás prazas de estacionamento que existen baixo o viaduto Madrid, que pasarán a ser de estacionamento limitado gratuíto antes de que remate o ano. Esta zona é empregada actualmente por vehículos pesados, que se trasladarán ás inmediacións da depuradora na Avenida Mendiño. O edil Eduardo Reguera entende que con esta medida, que foi xa pactada cos camioneiros, se crearán novas prazas para o estacionamento de turismos e ademais se recupera o entorno dun monumento como é o viaduto declarado Ben de interese cultural de Galicia. O resto dos vehículos poderán seguir estacionando no lugar pero por un período máximo de 90 minutos tal e como sucede no Campo de Feira, onde o estacionamento limitado funciona dende principios de ano. A medida porase en marcha unha vez rematen as obras de humanización da zona de Vilavella e pretende, segundo explicou Reguera, favorecer a rotación de vehículos e o achegamento dos veciños aos comercios da zona. Redución do IBI O edil adiantou tamén que no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o martes día 29, debaterase a diminución do IBI, que pasará do 0’49 ao ‘0’44. O obxectivo do concello con esta medida é compensar o incremento que o coñecido como imposto de contribución sufriu nos últimos anos, dende que o catastro se actualizou no 2005.

Eduardo Reguera edil de tráfico
os turismo só poderán estar un máximo de 90 minutos
Diminución do IBI
o concello tenta compensar o incremento do impostto dende o 2005

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará