Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hospitalizado o nacionalista Henrique Viéitez despois de sufrir un accidente en Redondela

RR_Noticias

O deputado nacionalista tivo que ser intervido en dúas ocasións pero xa se atopa estable.
 

O deputado pola provincia de Pontevedra do BNG, Henrique Viéitez sufriu onte, xoves, un accidente na parroquia de Reboreda. O suceso aconteceu pouco despois das 18.30 horas na estrada que une Redondela e Reboreda á altura da farmacia desta vila. No accidente víronse implicados un coche é a moto que conducía Viéitez. A causa do impacto o nacionalista tivo que ser intervido cirurxicamente en dúas ocasións en dúas ocasións nun hospital de Vigo debido a gravidade do seu estado e lle foi extirpado o bazo. Malia todo, arestora atópase fora de perigo e os médicos esperan poder trasladalo durante a xornada de hoxe a planta. Ata o lugar do sinistro trasladáronse axentes da Garda Civil, membros do Grumir de Redondela e efectivos de Urxencias Sanitarias do 061.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará