Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Veciños de Chapela reclama pasos elevados no centro urbano

RR_Noticias

Angeles Méndez, a Presidenta da Asociación, considera positiva a proposta do Concelleiro de Urbanismo de crear un ramal que una a rúa José Fernández coa subida a Aucosa.

A Asociación de veciños pediralle ao Concelleiro de Urbanismo, Emilo González Iglesias, que lles expoña no vindeiro consello parroquial, que se espera se celebre a finais deste mes, a iniciativa do seu departamento que pretende construír un ramal polo litoral de Chapela para evitar o paso de vehículos pesados pola zona. Segundo as declaracións do edil socialista, este proxecto, que presentará á Autoridade Portuaria de Vigo e ás empresas instaladas na zona, permitiría reducir nun 50% a circulación de vehículos pesados polo centro urbano, xa que coa construción desta vía entre José Fernández e a subida de Aucosa os camións poderían dirixirse directamente a Rande e a Autoestrada. Unha actuación que a Asociación de Veciños de Chapela apoiaría se permitira reducir na súa totalidade o tráfico de camións polo centro da vila. A Presidenta da Asociación, Ángeles Méndez, reclámalle ao concello a instalación de pasos elevados, despois de que o responsable de Tráfico, Eduardo Reguera, anunciara que reforzarán a sinalización na zona pero que non instalarán bandas sonoras, como lle pedira a asociación veciñal. Méndez aposta polos pasos elevados, xa que entende que son un sistema que se está a empregar noutras vilas de Galicia con gran éxito e que permitiría reducir a velocidade de circulación dos vehículos, solucionando os problemas de seguridade viaria que sofren os veciños de Chapela por mor da elevada velocidade á que circulan os coches.

Ángeles Méndez Presidenta Asociación de Veciños de Chapela
Méndez considera a proposta do Concelleiro de Urbanismo positiva sempre e cando elimine todo o tráfico de vehículos pesados do centro urbano da parroquia.
Ángeles Méndez pasos elevados
A Asociación de Veciños solicita a colocación de pasos elevados para diminuír a velocidade de circulación dos coches.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará