Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama medidas de seguridade viaria na N-555

RR_Noticias

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila reuniuse onte coa Asociación de Veciños de Cedeira para coñecer de primeira man os problemas que están a xerar as obras do AVE.

A Asociación de Veciños de Cedeira mantivo onte un encontro coa deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, para exporlle os prexuízos que están a causar as obras do tren de alta velocidade nas parroquias de San Estevo de Negros e Cedeira. A nacionalista recolleu todas as queixas dos veciños, ruído, po, seca de mananciais, vibracións pero amosou especial preocupación pola seguridade viaria da zona por mor do aumento de vehículos pesados que circulan por estas parroquias, o que se podería prolongar durante varios anos. Unha estrada, que segundo os veciños, non cumpre as condicións mínimas para acoller este tipo de circulación, ao carecer de beirarrúas e beiravías.
Davila presentoulle aos representantes da Asociación de Veciños de Cedeira e aos afectados de San Estevo de Negros a pregunta parlamentaria exposta a mediados do mes de xullo, onde interpelaba ao Goberno Central sobre as medidas que ía adoptar para paliar os prexuízos que as obras do AVE están a xerar na calidade de vida dos veciños destas parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará