Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inaugurada a escola infatil de Soutomaior

RR_Noticias

O centro dispón de 41 prazas para nenos entre 0 e 3 anos.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou esta mañá a escola infantil de Soutomaior que conta con 41 prazas para nenos de entre 0 e 3 anos. A gardería dispón de tres unidades nas que a Xunta investiu máis de 250.000 euros, para a creación do centro e o equipamento, no que tamén participou o Concello de Soutomaior.
Mato destacou que a posta en marcha deste centro reflicte  “o compromiso que a Xunta ten coas políticas sociais e, de xeito concreto, coa atención á infancia”. A Conselleira aproveitou a súa comparecencia ante os medios para lembra que no curso 2009-2010 iniciouse con máis de 6.100 prazas de titularidade pública, o que supón un incremento do 5% con respecto ao ano anterior. Así, o Goberno galego puxo en funcionamento 753 novas prazas de 0-3 anos. A responsable de Benestar destacou a importancia de colaborar coas administracións locais para continuar ampliando a rede de escolas infantís e agradeceulle ao Concello de Soutomaior a súa colaboración e disposición para crear a escola infantil. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará