Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno fai xestións ante o Ministerio e o Servizo Provincial de Estradas polos prexuízos das obras do AVE

RR_Noticias

O Tenente de Alcalde afirma que as acusacións dos veciños de San Estevo de Negros e Cedeira de que o concello non está apoiando as súas reivindicacións non son certas e lémbralles que o goberno local tan só pode facer xestións xa que non ten competencia sobre a obra nin sobre as estradas polas que circulan os camións.

A pasada semana os veciños de San Estevo de Negros e Cedeira, convocados pola Asociación de Afectados do Val do Maceiras, manifestaban, á saída do pleno municipal, o seu malestar ao entender que o goberno local non está a facer nada por solucionar os problemas que desde hai meses veñen sufrindo os veciños destas dúas parroquias. Ruídos, po en suspensión, seca de mananciais, prexuízos ambientais, e sobre todo o aumento de circulación de vehículos pesados pola N-555, que está a pór en perigo a todos os redondeláns, segundo subliñaba o secretario xeral da asociación, Marcos Expósito, ao non contar con beirarrúas nin beiravías, son algunhas das denuncias que fan os veciños. Desde o goberno local negan que o concello se manteña á marxe do problema, e o Tenente de Alcalde, Carlos Pazos, sinala que desde o primeiro momento están realizando xestións para tentar paliar os prexuízos do paso de vehículos pesados. As últimas actuacións realizábaas o propio concelleiro nacionalista a pasada semana, con representantes do Ministerio de Fomento e co Xefe Provincial de Estradas en Pontevedra, aos que lle trasladou os problemas que están xerando o tráfico de camións pola zona. Pazos lembra que nin a obra nin as estradas polas que circulan os vehículos pesados son competencia do Concello de Redondela, polo que eles só poden pór en coñecemento ás autoridades competentes pero a decisión final non depende do goberno local.

Carlos Pazos
O Tenente de Alcalde asegura que o Concello está traballando para paliar os efectos nocivos das obras do AVE nas parroquias afectadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará