Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bastos afirma que o seu nomeamento como vicepresidente do Partido Galeguista beneficiará a Redondela

RR_Noticias

O edil galeguista considera que a agrupación local saíu reforzada do congreso extraordinario o que lle permitirá traballar polos veciños.  

O pasado sábado o Partido Galeguista pechaba o conflicto interno dos últimos oito meses coa celebración dun congreso extraordinario do que saía a nova directiva do partido. O vigués Luís Bóveda Canal converteuse no novo presidente mentres que Alejandro Bastos foi nomeado Vicepresidente. O edil considera que esta designación será moi positiva para Redondela, xa que os membros da agrupación local recibiron o apoio de todo o partido o que lle deu ánimos para seguir traballando despois de que durante oito meses a formación galeguista estivera sen rumbo pola ausencia do seu presidente. Bastos apunta a solución dos problemas xerados polas obras do AVE entre os veciños e a oposición á ampliación da AP-9 como dous dos piares básicos de traballo do seu partido nos vindeiros meses. O edil galeguista tamén apostou pola construcción dun polígono industrial na vila que lle permita aos redondeláns non ter que desprazarse ata Vigo ou concellos da contorna.

Alejandro Bastos
O edil do Partido Galeguista considera que o grupo local saíu reforzado no Congreso Extraordinario da formación o que beneficiará a Redondela.
Alejandro Bastos posición do partido
Bastos afirma que o seu partido se centrará nos vindeiros meses en apoiar as reivindicacións dos afectados polas obras do AVE e pola ampliación da AP-9

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará