Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A coral protesta cantando na entrada do Centro Social

RR_Noticias

Membros da banda de música Alvedosa achegáronse onte ata a Deputación de Pontevedra para trasladarlle o problema ao seu presidente, Rafael Louzán, e solicitar o seu apoio.

Os membros da coral reivindicaron unha vez máis un lugar onde ensaiar, neste caso, cantando na entrada do Centro da Terceira Idade de Redondela. Deste xeito os máis de 40 membros da agrupación coral continuaban onte as protestas que comezaron a pasada semana cando a dirección do centro informáballes que non dispuñan dun aula para ensaiar ao estar o centro en obras.
Os compoñentes da coral afirman que levan varios días á espera de que a directora do centro, Francisca Canal, lles dea unha solución ao problema, pero segundo apuntaba o Director da Coral Alvedosa e da Banda de Música de Redondela, Jesús Martínez, parece non estar disposta a facelo.
Este luns os empregados do centro dábanlle aos membros da  formación tres solicitudes para que pediran un espazo onde poder ensaiar, xa que a titular do centro, Francisca Canal, advertíalles este luns que ao ser unha asociación privada teñen que seguir uns protocolos de actuación.
A coral pola súa banda afirma, que leva máis de 25 anos ensaiando no centro e que pertence ao mesmo, polo que non están dispostos a facer ningunha solicitude por escrito. Onte dous dos membros da coral, que tamén pertencen á directiva do centro, acudían a Deputación de Pontevedra para comunicarlle o problema ao presidente, Rafael Louzán e solicitarlle o seu apoio. A responsable do centro, Francisca Canal, manifestaba onte a súa disposición a cederlles a aula da Casa do Mar sempre e cando fagan a solicitude por escrito, para que figure unha persoa como responsable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará