Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares esixiranlle a Eduardo Reguera solucións ou a súa dimisión no pleno deste mércores ante os problemas de tráfico que sufre a vila

RR_Noticias

O grupo popular solicitará novamente a comparecencia do Concelleiro de Tráfico no pleno deste mércores para esixirlle a posta en marcha de medidas que solucionen os problemas de aparcadoiro e tráfico que están a provocar as obras de humanización no centro de Redondela.

O Partido Popular acusa ao goberno local de facer caso omiso das súas reiteradas peticións para que se adoptasen medidas que minimizaran as molestias das obras de humanización do Plan E. Ante a falta de actuación da Concellería de Tráfico os populares solicitan novamente a comparecencia do responsable deste departamento, Eduardo Reguera, no pleno que se vai celebrar este mércores nove de setembro, para que dea conta das medias que ten previsto adoptar ata que non finalicen as obras, co fin de solucionar o caos circulatorio, no que segundo os populares, está sumido Redondela e que está causando graves dificultades ao comercio local, como denunciaban a pasada semana a Asociación de Empresarios local. O concelleiro popular, Alberto Pazos, critica a Reguera por limitarse, nun primeiro momento, a afirmar que o tráfico en Redondela funciona correctamente e despois a pedir paciencia. Pazos considera que xa pasou o tempo de improvisar e de arranxos esperpénticos, como desviar o tráfico entre dúas árbores da rúa Ernestina Otero. Porén o mércores pediranlle ao responsable de tráfico, solucións concretas aos problemas de circulación, sinalización e aparcadoiro ou senón a súa dimisión. Os populares tamén acusan a Eduardo Reguera de mentireiro por afirmar que os empresarios apoiaban as medidas do goberno e a súa actuación, cando a pasada semana a Asociación de Empresarios de Redondela esixíalle ao Alcalde de Redondela e ao Concelleiro de Urbanismo que xustificaran a demora na posta en marcha das medidas acordadas entre a asociación e o goberno local o pasado mes de xullo para paliar os efectos negativos das obras na hostalería e comercio local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará