Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas obras do AVE manifestaranse o luns pola N-555

RR_Noticias

As 19:30 horas concentraranse na entrada das obras no Val do Maceiras e dende alí partirán pola N-555 en dirección Vilavella. Con esta protesta queren facer visibles os prexuízos que está a sufrir dende que se iniciaran os traballos: ruídos, po e incremento do tráfico pesado

Os veciños de Negros, Cedeira e Vilar convocan esta manifestación para sembrar unha vez máis que dende hai meses están a sufrir os ruidos nocturnos, o po en suspensión e a trasfega de camións, prexuizos aos que hai que engadir agora os numerosos mananciais que secaron por mor das obras. As persoas que viven pretos do Val son as máis afectadas, pero os prexuízos afectan tamén á parroquia de Cedeira e concretamente ao barrio de Eira Pedriña. A estrada que cruza este barrio, a N-555 que comunica Redondela co aeroporto de Peinador, experimentou nos últimos tempos un incremento importante no tráfico pesado. Camións que de xeito continuado parten dende o Val, cargados con cascallos das obras, en dirección a Mos. Un tráfico que ademais de por en risco a vida dos peóns que circulan por esta estrada, que carece de beirarrúas, vai deixando tras de si un regueiro de po e barro que afecta a todas as vivendas que se atopan á beira do vial.

Carlos Covelo
A manifestación está convocada para o luns 7 ás 19:30 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará