Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fotógrafo redondelán Pelu Vidal retrata a vida dos nenos saharauis

RR_Noticias

Dous nenos saharauís son os protagonistas das imaxes que o fotógrafo mostra estes días en Sanxenxo dentro dun proxecto promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO)

O fotógrafo redondelán Pelu Vidal mostra na sala Nauta de Sanxenxo as imaxes tomadas ao longo de dous meses de convivencia con algúns dos nenos que forman parte do programa Vacacións en Paz. Fotografías que se poderán ver ata o vindeiro venres día 4 de setembro e a través das cales se retratan os contrastes cos que se enfrontan os nenos saharauis que anualmente participan deste programa que lles permite pasar o verán nunha familia de acollida e lonxe das duras condicións do deserto. Primeiro acompañando a dous rapaces e ás súas familias de acollida aquí en Galicia e logo xa nos propios campos de refuxiados no deserto do Sahara, Vidal vai retratando as dúas realidades a través de 24 imaxes que recompilan detalles da convivencia entre dúas culturas. Esta exposición é froito da colaboración entre o Concello de Sanxenxo, a asociación Solidariedade co Pobo saharauí e a Asociación galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) unha organización sen ánimo de lucro formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade. A obra de Pelu Vidal pódese visitar tamén a través da súa páxina web www.peluvidal.com

Pelu Vidal
Imaxes cheas de contrastes
Colectivo AGARESO
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios pretende visibilizar realidades qeu non teñen cabida nos medios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará