Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un vehículo sáese da estrada e remata na vía do tren no barrio da Pantalla

RR_Noticias

O conductor, veciño de San Vicente de Trasmañó, foi detido ao dar 0,88 e 0,86 na proba de alcoholemia.

O suceso aconteceu na madrugada de hoxe, as 4.00 horas, cando o vehículo saíuse da estrada e rematou atrapado na vía do ferrocarril á altura bo barrio de A Pantalla. O único ocupante do vehículo, un veciño de San Vicente de Trasmañó de 37 anos que responde ás iniciais J.V.T, non resultou ferido e puido saír polo seu propio pé do vehículo. O servizo do 112 recibiu unha chamada de alerta avisando de que había un vehículo na metade da vía, polo que avisaron a policía local de Redondela, que enviou unha patrulla ata a zona. Cando os axentes chegaron ata o lugar, atopáronse ao conductor ao carón do vehículo e presentaba signos de embriaguez. O home aseguroulle aos policías que non podía entender como puidera saírse da estrada para rematar na vía do tren. Os axentes alertaron a REFE do acontecido que paralizou o tráfico ferroviario durante aproximadamente unha hora. As 4.50 a compañía restablecía a circulación despois de que unha grúa retirara o coche da vía. O veciño de Trasmañó foi trasladado á comisaría, onde se lle someteu ás dúas probas de alcoholemia regulamentarias. Ao dar positivo en ambas probas, con 0,88 e 86 miligramos por litro, a policía procedeu a súa detención. O home foi trasladado posteriormente ao Centro de Saúde da Rúa Bolivia, malia que o detido consideraba que non era precisa atención médica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará