Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos celebra o seu patrón con sete días de actividades

RR_Noticias

A Festa da Escuma, o X Festival de Folck, a Festa da Bicicleta e o Torneo de verán de Fútbol Sala son os principais atractivos das festas patronais de Fornelos de Montes que rematarán o vindeiro martes 11 de agosto.

Co gallo da celebración de San Lourenzo o Concello de Fornelos de Monstes puxo en marcha a semana cultural que comezou o martes 4 de agosto cunha proxección de cine na rúa. As actividades prolongaranse durante toda a semana ata o día once. Sete días de actividades que a comisión de festas leva organizando dende o pasado mes de setembro e que contarán con actuacións xa habituais nestas festividades. Así este ano, ao igual que en edicións anteriores, celebrarán a Festa da Escuma, o mércores a partir das 18.00 horas, coa que poderán gozar tanto nenos como maiores. Esta xunto ao Festival de Folck e o Torneo de Verán, son tres das actividades que segundo a comisión de festas mellor acollida teñen entre o público.   Este ano as festas patronais tamén contarán co tradicional Festival de Folk que se vén organizando desde o ano 1999 e que permitiu achegar ata esta vila grupos de Escocia, Inglaterra ou Asturias. Este ano o festival conta coa actuación da banda galega Ardentía, ademais do grupo vigués Fiadeiro, a banda de gaitas e unha agrupación de música tradicional que estarán amenizando toda a xornada do sábado. Pero non só haberá música na carballeira da praia fluvial de Fornelos senón que todos aqueles que se acheguen nesta xornada poderán degustar a prezos populares polbo ou churrasco.   O domingo e o luns o protagonista da semana cultural será o deporte. Nestas dúas xornadas disputaranse a semifinal e a final do Torneo de Verán de Fútbol Sala que celebra este ano a súa trixésimo terceira edición, con máis de 20 equipos participantes. Tampouco faltará a verbena. O domingo a orquestra Ría de Vigo e Pentagrama serán as encargadas de amenizar a festa. O luns será a quenda dos Satélites e a orquestra Brujas mentres que o peche das festas patronais de Fornelos de Montes o porán Os Quíntelas e as Orquestras Saudade e Tornado.        

Festa da Escuma e Bicicleta
Calletano un dos membros da comisión de festas de Fornelos fálanos da Festa da Escuma e da Bicicleta.
X Festival de Folk
Calletano membro da comisión de festas explica os pormenores do festival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará